Traballadores de Alcoa debatirán mañá nunha asemblea o fin da folga

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao convocou aos traballadores da factoría a unha asemblea este venres 8 de xaneiro ás 12.
07072020 VISITA OUTEIRO
7 Xan 2021

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao convocou aos traballadores da factoría a unha asemblea este venres 8 de xaneiro ás 12.00 horas co obxectivo de valorar "medidas a tomar", despois de que a multinacional condicionase a negociación da venda da fábrica á sociedade estatal de participacións industriais (Sepi) a que finalizase a folga indefinida que manteñen como medida de presión.

O comité anunciou esta convocatoria antes do comezo da reunión telemática á que foi convocado pola dirección da compañía para esta tarde, ás 16.00 horas, na que se falará da decisión da empresa de volver sentar a negociar unha posible venda.

Este venres os representantes dos traballadores darán conta do sucedido na cita de hoxe, nunha asemblea diante das instalacións do comité.

0.098042011260986