Traballadores de Einsa Print péchanse no Concello das Pontes en protesta polo ERE
TerraChaXa
A CIG reitera que non hai causas sobrevidas que xustifiquen este novo despedimento colectivo

17 Jul 2025
Traballadores e traballadoras de Einsa Print pecháronse este mércores no Concello das Pontes en defensa do emprego e dos seus dereitos. O persoal permanece en asemblea permanente no salón de plenos dende ás 13h, coincidindo coa véspera da última reunión do período de consultas do ERE.
A CIG reitera que non hai causas sobrevidas que xustifiquen este novo despedimento colectivo, que considera unha fraude, e advirte que o persoal non asumirá a pretensión da empresa de fraccionar o pago indemnizacións.