Trasmonte, en Friol, celebra as festas na honra á Virxe dos Milagros a fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
O venres, a partir das 21:30 horas, comezará a celebración cunha gran churrascada con liscos e chourizos a fartar
festas-trasmonte
25 May 2026

A parroquia de Trasmonte, no concello de Friol, prepárase para celebrar as tradicionais festas na honra á Virxe dos Milagros cun completo programa de actividades que se desenvolverá esta fin de semana. As celebracións combinarán actos relixiosos e festivos, música en directo e gastronomía popular, todo baixo unha carpa instalada no campo da festa.

O venres 29, a partir das 21:30 horas, comezará a festa cunha gran churrascada con liscos e chourizos a fartar, servidos polo Bar Porto. A continuación, terá lugar unha animada verbena coa orquestra Beatriz e un DJ, encargados de poñer a música na primeira noite festiva.

O sábado 30 será o día grande, cunha misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú a cargo de Suavecito. Pola noite, a verbena continuará con dúas formacións moi coñecidas: Suavecito e La Oca Band, garantindo unha noite de baile e diversión.

As festas rematarán o domingo 31 cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa, para garantir o desfrute do evento en caso de mal tempo

0.11566996574402