Trece celebrará as festas de Santa Comba cunha fin de semana chea de música e tradición

A parroquia de Trece, en Goiriz (Vilalba), acollerá os días 9 e 10 de maio as tradicionais festas na honra a Santa Comba, cun programa que combina actos relixiosos e unha destacada oferta musical.
A celebración arrancará o sábado 9 de maio cunha misa ás 13:30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol. Xa pola noite, a verbena contará coa actuación da propia orquestra Trébol, acompañada de Tania Veiras y Los Cumbia Pop.
O domingo 10 continuará a programación tamén cunha misa ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú, nesta ocasión coa actuación da orquestra Los Españoles. Pola noite, a mesma formación será a encargada de poñer o broche final ás festas cunha nova verbena.
A organización destaca que o recinto contará con campo cuberto con carpa, garantindo así o desenvolvemento das actividades independentemente das condicións meteorolóxicas. Ademais, a comisión de festas quixo agradecer a colaboración de veciños e patrocinadores que fan posible a celebración.