Tres asociacións de Cospeito reúnense para facer o cocido de Entroido
TerraChaXa
A Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino organiza o evento, xunto á Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas e á nova Asociación Veciñal de Vilapene

2 Feb 2025
A Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino celebrará o Cocido de Entroido o domingo 16 de febreiro, no restaurante O Tentáculo, en Lugo.
A actividade conta coa colaboración da Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas e a nova Asociación Veciñal de Vilapene, polo que a xornada servirá como xuntanza para os tres colectivos.
O prezo para participar é de 36 euros para socios e 46 euros para non socios. O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de febreiro. A saída para a comida está prevista para as 12:30 horas desde os puntos habituais.