Tres locais de Vilalba participan nunhas xornadas de tapas creativas de queixo San Simón

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba vén de organizar unhas Xornadas Gastronómicas da Tapa Creativa do Queixo de San Simón.
xornadas queixo san simon tapas portada
24 Mar 2023

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba vén de organizar unhas Xornadas Gastronómicas da Tapa Creativa do Queixo de San Simón que se desenvolverán dende hoxe ata o día 31 de marzo, vernes.

Tres locais vilalbeses ofrecerán durante estes días a súa proposta grastronómica, que combinará o sabor dulce co salgado pero todas elaboradas con queixo San Simón da Costa.

Estas xornadas veñen a substituír ao Concurso de Tapas, que este ano non se celebrou, como veñe sendo habitual nos días previos á Feira do Queixo de abril.

Nesta ocasión, cada local ofrecerá a súa proposta cun prezo e un horario diferentes. O Parador ofrecerá un Brioche de Pulled Pork e horario de mediodía e noite a 3,50 euros. O Spa Attica21 aportará un Craquelin afumado con horario de 13.00 a 22.30. Finalmente, o Mesón do Campo, venderá unha bocanada de San Simón en horario de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. O prezo será de entre 3 e 3,50 euros.

xornadas queixo san simon tapas
0.19168019294739