Triabá e Santa Leocadia celebran esta fin de semana as súas festas de San Pedro en Castro de Rei

TerraChaXa
As protagonistas do sábado no primeiro caso serán D'Noche e New York e na segunda, Compostela e Casanova
Orquestra-Sinfonia
27 Jun 2026

As parroquias de Triabá e Santa Leocadia, no concello de Castro de Rei, celebran esta fin de semana as tradicionais festas na honra a San Pedro cun programa que combina actos relixiosos, sesións vermú e verbenas amenizadas por recoñecidas orquestras galegas.

En Triabá, os festexos arrancan este sábado 27 de xuño. A partir das 13.30 horas celebrarase a misa solemne seguida dunha sesión vermú coa orquestra D'Noche. Pola noite, a partir da verbena, actuarán as orquestras D'Noche e New York, que serán as encargadas de animar a primeira gran xornada festiva.

O domingo continuará a celebración cunha nova misa solemne e sesión vermú, nesta ocasión coa orquestra Escaparate. Pola noite, a mesma formación musical protagonizará a verbena que porá o broche ás festas patronais. Ademais, a programación prolongarase ata o 1 de agosto, data na que está prevista unha comida veciñal acompañada dunha actuación musical.

Pola súa banda, a parroquia de Santa Leocadia tamén renderá homenaxe a San Pedro durante estes días. Hoxe celebrarase a misa solemne ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú coa orquestra Compostela. A partir das 23.00 horas dará comezo a verbena coa actuación da propia orquestra Compostela e da discoteca móbil Casanova.

O domingo terá lugar a segunda xornada festiva, con misa solemne e sesión vermú ás 13.30 horas amenizada polo grupo Fénix. A formación repetirá pola noite na verbena de clausura das celebracións.

0.12840580940247