Úbeda celebrará as festas na honra da Virxe do Carme cunha comida veciñal e verbena popular

A parroquia de Úbeda, no concello de Pastoriza, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra da Virxe do Carme cun programa que combinará actos relixiosos, música e actividades de convivencia para a veciñanza.
Os festexos darán comezo o venres 10 de xullo cunha comida veciñal programada para as 22.00 horas. A celebración estará amenizada polo dúo Carlos e Javi, que será o encargado de poñer a música a unha das citas máis participativas das festas.
A programación continuará o sábado 11 de xullo coa celebración dunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da tradicional procesión na honra da Virxe do Carme. A continuación terá lugar a sesión vermú para os asistentes.
Xa pola noite, a verbena estará protagonizada pola orquestra Stereo e por DJ Bily, que ofrecerán unha longa sesión musical para pechar a xornada festiva.
A organización destaca que todos os actos se desenvolverán baixo carpa, garantindo así a celebración das actividades previstas independentemente das condicións meteorolóxicas.