UCIN Lugo reclama o arranxo da estrada de Bonxe a Mosteiro, en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Asegura que os veciños están moi preocupados, xa que temen que poida haber accidentes, incluso de gravidade, debido á gran profundidade destes buratos
socavons-bonxe-mosteiro-estrada
5 Jun 2026

Asegura que os veciños están moi preocupados, xa que temen que poida haber accidentes, incluso de gravidade, debido á gran profundidade destes buratos.

Alfonso Hortas, coordinador de UCIN Lugo, denuncia publicamente a "grave situación" na que se atopa a pista que vai desde o cárcere de Bonxe ata Mosteiro, dentro do municipio de Outeiro de Rei.

"Falamos dunha vía con numerosos buratos inmensos, algúns deles levan máis dun ano sen ser reparados, e incluso en certos puntos superan os dous anos neste estado. Unha situación totalmente inaceptable para os veciños e usuarios habituais desta estrada", explica.

Os propios veciños xa trasladaron en múltiples ocasións as súas queixas ao Concello, pero, segundo o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, estas reclamacións foron remitidas á Deputación de Lugo en dúas ou tres ocasións, sen obter resposta ata o momento.

Ademais, un dos veciños, que se dirixiu ao coordinador de UCIN, destapou unha tapa colocada de maneira provisional para ocultar un destes buratos, "o que demostra a gravidade do problema e as solucións insuficientes que se están aplicando".

Segundo Hortas, os veciños están moi preocupados ante esta situación, xa que temen que poida haber accidentes, incluso de gravidade, debido á gran profundidade destes buratos.

"Desde UCIN Lugo esiximos á Deputación de Lugo que actúe de maneira inmediata para solucionar este problema, xa que o estado actual da vía supón un grave risco para a seguridade viaria. Estamos falando de buratos moi profundos, algúns de máis de metro e medio, que poden provocar accidentes graves en calquera momento. Non podemos permitir que esta situación continúe nin un día máis. A seguridade dos veciños debe ser unha prioridade", afirma.

0.11942481994629