Últimos días para anotarse á gran paellada de San Martirio de Condes, en Friol

A Asociación Cultural de San Martiño de Condes, en Friol, celebrará de novo o sábado 5 de setembro o Día do Socio cunha gran paella.
Esta reunión terá lugar ás 21.30 horas no local social de Condes. Os socios poderán participar de balde e para os non socios hai unha cota de 20 euros.
O último día para anotarse é o domingo 3o de agosto, e para iso é necesario chamar aos teléfonos de Ángel de Pardo (618 982 162), Rocío García (633 824 804) e Espiñeira (647 757 463).