Últimos días para anotarse en Muras á tradicional Ruta Cabalar

TerraChaXa
Non é necesario facer a ruta para participar no xantar pero si é necesario apuntarse antes do venres, 31 de xullo
ruta-cabalar-muras-agosto
27 Jul 2026

O Concello de Muras acollerá o sábado, 1 de agosto, unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello.

O programa dará comezo ás 10. 00 coa xuntanza de cabaleiros, e a ruta terá a súa saída ás 10.30 horas, na Área Recreativa da Veiga. Contarase con pinchos a media mañá.

A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de xamón cocido, polbo, churrasco, sobremesa, café e licor cun prezo de 29 euros por persoa.

Non é necesario facer a ruta para participar no xantar pero si é necesario apuntarse antes do venres, 31 de xullo, no teléfono 667 609 990.

Pola tarde haberá probas de xincana, actuación musical e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.

0.13227295875549