Últimos días para inscribirse na Liga de Fútbol 7 Masculina de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Os encontros celebraranse os luns e os xoves a partir das 21.30 horas, e a participación inclúe un seguro deportivo para os xogadores
campo-futbol-balon-recurso
5 Oct 2026

O club PM Friol organiza unha nova edición da Liga de Fútbol 7 Masculina, que se disputará no campo municipal da Reigosa desde mediados de outubro ata o mes de maio. A competición está pensada para desfrutar do deporte entre amigos e conta coa colaboración do Concello de Friol.

Os encontros celebraranse os luns e os xoves a partir das 21.30 horas, e a participación inclúe un seguro deportivo para os xogadores.

Os equipos interesados en participar teñen de prazo ata o vindeiro sábado 10 para formalizar a súa inscrición. Para solicitar máis información ou inscribir un equipo, é preciso chamar aos teléfonos 649 423 743 e 636 378 110.

0.15163087844849