Últimos días para inscribirse nos cursos de informática da Aula Cemit de Guitiriz

TerraChaXa
A Aula CeMIT de Guitiriz acolle cursos de informática dirixidos á rapazada de entre 8 a 11 anos. O prazo para anotarse remata o día 10.
curso informatica aula cemit guitiriz portada
curso informatica aula cemit guitiriz portada
9 Nov 2021

A Aula CeMIT de Guitiriz acolle cursos de informática dirixidos á rapazada de entre 8 a 11 anos.

O curso impartirase todos os mércores, en horario de 16:30 a 18:30 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse na propia aula CeMIT en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo para anotarse remata este mércores 10 de novembro e as inscricións aceptaranse por orde de solicitude.

As persoas interesadas en ampliar a informaación poden poñerse en contacto co centro no teléfono 982 3 70 062.

cursos informatica aula cemit nenos
0.17889094352722