Un grupo de estudantes do Castro da Uz das Pontes recibe o Premio ao Cooperativismo no Ensino

TerraChaXa
Reciben o galardón pola creación dunha cooperativa educativa chamada RecreaT
premio-cooperativismo-castro-da-uz
Recepción do premio por parte do grupo de estudantes
20 Xuño 2024

O alumnado de Economía de 4° de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz recibiu o Premio ao Cooperativismo no Ensino, outorgado pola Consellería de Emprego a debido a creación dunha cooperativa educativa.

Dita cooperativa chamada RecreaT naceu co obxectivo de fomentar a actividade física e a cohesión da rapazada nos tempos de lecer e mediante a realización de torneos deportivos. Isto foi posible grazas ao proxecto para o fomento do emprendemento PROEM promovido e dirixido por Carolina García, directora da Asociacion Seara, por una banda, e por Sabela Montero, profesora da materia de Economía deste centro pola outra.

No certame, organizado polo director do centro, José Antonio López Castro, quen destacou o gran traballo realizado polo alumnado, participaron Juan José Couce Prego, director territorial da consellería de Emprego na provincia da Coruña, e Ana Pena Purriños, concelleira-delegada da Área de Industria e Emprego do Concello das Pontes.

Tamén estiveron presentes mostrando o seu apoio José Castro, presidente da Asociación de Empresarios Seara, e María Dopico, concelleira do PP das Pontes.

Para rematar, o trío de música Folk integrado por Claudia, Marina e Antón, interpretou melodías tradicionais galegas e do resto da península.

0.19330096244812