Un rapaz de Pol recibe un ordenador da Fundación Amigos de Galicia

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Fundación Amigos de Galicia fixo este ano de novo parada en Pol dentro do seu programa de entregas de material informático a familias que o necesitan.
27 dic 2022

A Fundación Amigos de Galicia fixo este ano de novo parada en Pol dentro do seu programa de entregas de material informático a familias que o necesitan.

O programa de axuda leva o nome de Dixitalízate con nós, para que os pequenos que teñen dificultades para ter material informático podan obtelo.

O ordenador foi entregado polo alcalde de Pol, Lino González e o director xeral da Fundación, Xesús Busto.

O programa Dixitalízate con nós, da Fundación Amigos de Galicia, garante a cobertura das necesidades de subministración de liña da internet e material informático (ordenadores, tablets…) destinada a menores de Galicia en situación de risco de exclusión social.