Un total de 16 mozos e mozas participan no campo de voluntariado pontés de Vilarbó

TerraChaXa
Un total de 16 mozos e mozas participan no campo de voluntariado que a Xunta promove en Vilarbó dentro da campaña de verá
campo voluntariado vilarbo as pontes
21 Xul 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, desprazáronse onte ao campo de voluntariado de Vilarbó no que participan desde o pasado 15 de xullo un total de 16 mozos e mozas procedentes de distintos puntos de Galicia e o resto de España.

Os participantes, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ocúpanse de labores vinculadas á conservación medioambiental tales como plantacións e reforestacións, limpeza das beiras do río Eume, construción de hoteis para abellas, colocación de caixas niño e comedeiros ou un inventario de especies, entre outras.

A delegada territorial lembrou que o obxectivo deste campo de voluntariado “é a custodia do territorio mediante a conservación e a recuperación das fragas e o bosque de ribeira no entorno do río Eume e a divulgación das Fragas Atlánticas de Vilarbó”.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude resaltou a importancia de que a mocidade galega dispoña tamén en verán de alternativas de ocio como as que ofrecen os campos de voluntariado.

O de Vilarbó é un dos 46 campos de voluntariado que a Consellería de Política Social e Xuventude levará a cabo este verán en todo o territorio galego no marco da Campaña de Verán da Xunta que este ano leva por lema ‘O verán que sempre vas lembrar’. Conta para os meses de xullo, agosto e setembro con máis de 11.200 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ‘Coñece Galicia', intercambios con outras Comunidades Autónomas e outras actividades.

0.16665196418762