Un triangular escollerá este sábado ao gañador do Trofeo Concello de Friol
LugoXa | TerraChaXa
Será ás 18.00 horas no campo da Reigosa co PM Friol, As Celtas e Real Avilés
31 Ago 2024
O PM Friol organizou un triangular feminino para escoller ao gañador do Trofeo Concello de Friol, que este ano acada a súa XII edición.
O primeiro partido da serie dará comezo ás 18.00 horas e participarán, ademais do anfitrión, As Celtas e Real Avilés.
Será un dos últimos duelos do equipo feminino de Terceira Federación antes do comezo da Liga, previsto para a fin de semana do 7 e 8 de setembro.