Unha campaña social busca protexer aos maiores da zona rural
Blindar o Rural ante o COVID-19 esa é a iniciativa que naceu na Pastoriza e que xa está extendida a toda a provincia e lugares limítrofes e que ten como obsectivo facer chegar toda a información relativa ao coronavirus a todos aqueles concellos do rural onde se presenten voluntarios para levala adiante .
"Coma ben sabedes ,o afastamento e illamento das nosas aldeas está a ser, nestos intres, unha vantaxe para disminuir a posibilidade de contaxio do coronavirus, por asi decilo, a aldea estanos a protexer e non podemos perder esa vantaxe", asegura o fundador desta compaña, o pastoricense Carlos Riveira, que lidera aos veterinarios da zona responsables da campaña.
"Nembargantes , o risco cero non existe, hai certas ameazas que debemos ter moi presente nestos días . Identificar esas ameazas e atallalas a tempo permitiranos manter fora de perigo o punto mais flebe que temos no rural : as persoas maiores que conviven nas nosas casas ou viven soas. A nosa estructura sanitaria non ten a capacidade necesaria , faise preciso incidir machaconamente na prevención.", explican.
A campaña consiste na distribución de carteis coa información básica distribuídos nos lugares de maior fluxo de veciños, que son os que están abertos, como as tendas de alimentación.
Elaborouse unha infografía completa onde se explica como actúa o efecto protector da aldea e onde están as ameazas xunto coas sencillas medidas que se deben contemplar para manter a fortaleza intacta. Esta infografía estase a difundir para que se poida compartir e tamén se poida imprimir e traballar sobre ela a modo de conto cos peques da casa, (son de gran axuda á hora de recordarnos normas e rutinas).