Unha charla en Vilalba preparará á veciñanza para observar o eclipse solar de agosto

TerraChaXa
A actividade celebrarase o martes 30 de xuño na Casa da Cultura e incluirá a entrega gratuíta de gafas homologadas e material informativo
VILALBA charla eclipse
27 Jun 2026

Vilalba celebrará o vindeiro martes 30 de xuño unha charla divulgativa para preparar á veciñanza de cara ao eclipse total de sol previsto para o 12 de agosto de 2026.

A xornada terá lugar ás 11.00 horas na Casa da Cultura e será impartida pola doutora en Astrofísica e divulgadora científica Lucía González Cuesta.

Durante a actividade repartiranse de balde gafas homologadas para a observación segura do eclipse, así como folletos e dípticos informativos con recomendacións sobre este fenómeno astronómico.

A iniciativa forma parte do programa 'Provincia de Lugo, un lugar único para un momento inesquecible', promovido pola Deputación de Lugo para achegar á cidadanía información rigorosa e medidas de seguridade ante este acontecemento.

O Concello lembra que a observación directa do sol só debe realizarse con gafas especificamente homologadas, xa que outros métodos poden provocar danos graves na visión.

0.12112903594971