Unha charla informará en Cabreiros sobre as novidades da PAC para o 2023

TerraChaXa
O vindeiro luns, 27 de marzo, impartirase na parroquia de Cabreiros, en Xermade, unha xornada técnica sobre as novidades da PAC.
charla sobre a nova pac corbelle portada
charla sobre a nova pac corbelle portada
23 Mar 2023

O vindeiro luns, 27 de marzo, impartirase na parroquia de Cabreiros, en Xermade, unha xornada técnica sobre as novidades que se porán en marcha con motivo das axudas da PAC para o ano 2023.

A actividade está dirixida a gandeiros e agricultores e terá lugar na escola de Cabreiros a partir das 11.00 horas.

O encargado da exposición será o xefe do Fogga en lugo, José Manuel Ferreiro Fente. A sesión está organizada polo Concello de Xermade.

charla pac cabreiros
0.19286704063416