As localidades de Villarente, Romariz e Castromaior, en Abadín, están de San Xoán

TerraChaXa
No primeiro empezarán o venres cunha churrascada
festas-villarente-abadin
Cartel
20 Xuño 2024

A parroquia de Villarente, en Abadín, celebra esta fin de semana as festas na honra a San Xoán.

Os actos comezarán o venres cunha churrascada veciñal a partir das 21.30 horas, amenizada pola música de La Hora Bruja.

O sábado haberá ás 13:30 horas coa misa na igrexa parroquial. Despois da procesión, a sesión vermú e a verbena estarán amenizadas polo grupo Zona Zero, ademais da orquestra New York en sesión de noite.

O domingo tamén haberá misa á mesma hora e JB Son será a encargada de poñer o fin de festa na sesión vermú.

En Romariz tamén haberá oficio relixioso os dous días, ás 13.30 horas, con procesión. A música estará ao cargo de JB Son e o trío Karma o sábado, o primeiro tamén ao mediodía, e o domingo será a vez do trío Merengue. Este actuará só na sesión vermú, que porá o punto e final á festa. A organización lembra que o campo estará cuberto con carpa.

En Castromaior tamén haberá San Xoán. O sábado actuarán Fénix, en dobre sesión, e Galilea, este co tour Pa'mi gente 2024. O domingo tamén haberá só sesión vermú, que estará a cargo do dúo Belinda.

Habverá misa ás 13.30 o sábado e ás 13.00 o domingo, que contará tamén con Gaitas Galegas para a procesión.

A organización ten previsto tamén carpa e colchonetas de balde para os nenos.

0.18535184860229