Unha nena de 11 anos gaña o concurso de carteis da cabalgata de Reis de Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
5 Jan 2019

A nena Nathalia Cabanas Jiménez, de 11 anos de idade, foi a gañadora do concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2019, que organiza o Concello de Lourenzá. Recibirá como premio un lote de material didáctico no transcurso da Cabalgata, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a Cabalgata sairá ás 17:30 horas do recinto feiral de Vilanova para percorrer as parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano. Ás 19:30 horas chegará a Vilanova, percorrerá as rúas e chegará á carpa situada no Campo dos Bolos, onde os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que ata alí se acheguen”.
Dentro da programación de Nadal do Concello de Lourenzá tamén haberá cine infantil. O mércores 2 de xaneiro proxectarase a película Richard, la cigüeña e o xoves 3, El reino de las ranas. Será no salón de actos do Concello ás 17 horas con entrada é gratuíta.

0.14888381958008