Unha sirena de Marcos Escudero Pérez gañou o certame de cantería de Parga

TerraChaXa
O segundo foi para Jesús Javier Varela Quintás, cunha obra baseada nun aguia, e o terceiro recaue en Emilio José González Martínez, cun libro
concurso-de-canteria-de-parga
24 Jul 2026

Parga acolleu este domingo, 19 de xullo, a XXXI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, organizada polo Concello de Guitiriz e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga. A cita, consolidada como unha das máis emblemáticas do municipio, reuniu centos de persoas arredor da tradición, a artesanía, a gastronomía e a cultura popular.

Un dos momentos centrais da xornada foi o XXVIII Certame de Cantería, que reuniu nesta edición a nove canteiros e canteiras. O certame repartiu premios de 750 euros para o primeiro clasificado, 500 euros para o segundo e 250 euros para o terceiro.

O xurado decidiu conceder o primeiro premio a Marcos Escudero Pérez, cunha peza dunha sirena. O segundo foi para Jesús Javier Varela Quintás, cunha obra baseada nun aguia, e o terceiro recaue en Emilio José González Martínez, cun libro.

Ao longo da xornada, veciños e visitantes tamén puideron desfrutar da Mostra de Artesanía e do Campionato Galego de Andadura Federada 2026, proba puntuable para o Campionato Galego de Andadura.

Ás 11:00 horas celebráronse as actuacións dos grupos municipais, da agrupación Na Casa Zoqueiro e o pasarrúas do Grupo Caivanca. O pregón desta edición correu a cargo da antiga asociación A Raxeira de Parga, que lembrou a historia e a evolución dunha feira que cumpre máis de tres décadas convertida nun referente da comarca.

A partir de media mañá chegou outro dos momentos máis agardados da celebración coa venda das tradicionais racións de callos, sen esquecer outras propostas gastronómicas como o polbo e o churrasco.

Xa pola tarde continuou o Campionato Galego de Andadura e o público puido gozar do espectáculo de maxia da Meiga Belmonte e da actuación musical dos Camachuelos, poñendo o broche final a unha gran xornada festiva.

0.12533807754517