Unha veciña cervense confecciona mascarillas na súa mercería

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A veciña de Cervo, Nati Fernández, rexenta a tenda Decoraciones Ajuar Mercería; e desde que foi consciente das dificultades de abastecemento de material sanitario, dedica moitas horas do seu día e da súa noite, a confeccionar coas súas mans mascarillas; nun primeiro momento con teas da súa propiedade que tiña dispoñibles, e agora cun tecido especial que desde o Concello de Cervo lle solicitaron a Alcoa San Cibrao, que non dubidou nin un intre en doalo.
Anotación 2020 08 07 091718
24 Mar 2020

Desde Cervo queren poñer en valor o traballo solidario de Nati, e a colaboración entre organismos, que está a resultar fundamental nestes intres complicados nos que tamén está a saír á luz o mellor de nós mesmos.

Desde o Concello queren agradecerlle especialmente a súa contribución á veciña Nati Fernández que leva moitas horas do seu tempo confeccionando de xeito altruísta todo tipo de material sanitario; nun primeiro momento con tea de algodón que posuía na tenda que rexenta, e agora con este material especial doado no día de onte.

A delegación de Servizos Sociais agradece a colaboración de Alcoa San Cibrao, "que nos doou un tecido especial que lle solicitamos para elaborar mascarillas que serán entregadas ao persona sanitario e de seguridade".

0.16383910179138