Unha visita institucional en Rábade permite coñecer os investimentos do Fondo de Compensación

LugoXa | TerraChaXa
Así, as accións desenvolvidas deben centrarse na conservación da biodiversidade, no fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais
visita-administracion-local-rabade
5 Nov 2026

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, realizaron unha visita institucional a Rábade para coñecer de primeira man as necesidades deste concello no marco do apoio ao eido local. Coñeceron tamén as dotacións municipais, como o vehículo adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental e destinado ao servizo de control e protección ambiental. Trátase dun furgón con distintivo ambiental cero emisións ou eco.

O Fondo de Compensación Ambiental permítelles aos concellos actuar na mellora da contorna. Así, as accións desenvolvidas deben centrarse na conservación da biodiversidade, no fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e na recuperación do medio natural. Tamén deben impulsar a eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables e a sustentabilidade, e, en xeral, a protección do medio natural.

0.14504408836365