Unhas 221 persoas participarán na Nocturna de San Ramón este sábado

TerraChaXa
A proba sénior, de cinco quilómetros dará comezo ás 21.00 horas
carreira-nocturna-san-ramon-vilalba
12 sep 2024

Vilalba será escenario estes sábado 14 de setembro da sexta edición da Nocturna de San Ramón, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba. A proba terá chegada e saída á praza da Igrexa.

As carreiras comezarán ás 19.00 horas coas diferentes categorías infantís e xuvenís. 

A proba sénior, de cinco quilómetros dará comezo ás 21.00 horas e haberá tamén a esa hora unha andaina de tres quilómetros. 

Haberá premio económico para os tres primeiros clasificados da absoluta e trofeos tamén para os tres primeiros das probas infantís a partir de sub 10.

Este ano participarán un total de 221 atletas.

0.08623194694519