Unhas 800 persoas participaron na marcha dos transportistas en Lugo
Lugo volveu acoller hoxe unha nova marcha de transportistas en protesta polo prezo do gasoil, pero nesta ocasión foi a pé e protagonizada por preto de 800 persoas, segundo aseguraban dende a Plataforma convocante.
Ás 11.00 horas abría a marcha a pe dende o parque empresarial das Gándaras ata a Subdelegación de Goberno, ante a que pediron a dimisión da Ministra e unha solución para a alza de prezos.
A marcha estivo protagonizada pola cor amarela que vestían os transportistas que perecorreron a distancia entre as Gándaras e a Subdelegación de Goberno escoltados pola Policía Local, que tivo que cortar a circulación do tráfico por minutos ao paso da comitiva.
A concentración no tivo tantas repercusións circulatorias como a concentración do pasado martes coa participación de 2.000 vehículos.
As bocinas avisaron do paso dos manifestantes que remataban sobre ás 13.30 a súa acción de protestas.
Os manifestantes aseguran que van seguir co paro mentres que o Goberno non sente a negociar coa Plataforma en Defensa do Sector do Transporte. Aseguran que non senten representados polo comité que se reúne este xoves en Madrid co Ministerio de Transportes.