Unhas mil familias de Cospeito acceden a Internet de alta velocidade con Adamo

TerraChaXa
Máis de 1.000 familias de Cospeito contarán con Internet de alta velocidade nos próximos meses co despregamento que xa realiza Adamo.
castosa adamo cospeito
castosa adamo cospeito
8 Out 2022

Máis de 1.000 familias de Cospeito contarán con Internet de alta velocidade nos próximos meses. Iso será posible grazas ao despregamento que xa realiza Adamo, empresa que conectará as primeiras vivendas dese plan nos próximos días, ao longo do mes de outubro.

Nun proceso que completará de maneira progresiva, a compañía chegará a máis de 80 núcleos de poboación do concello lucense. O cal dá unha idea do elevado grao de diseminación das vivendas, coa dificultade técnica e o esforzo material e humano que iso supón para os técnicos do operador.

Así llo comunicaron representantes de Adamo tanto a distintas autoridades das parroquias de Cospeito como ao propio alcalde. É preciso destacar que Armando Castosa está a desempeñar un papel crave no crecemento da fibra óptica no pobo. De feito, o Concello está a colaborar de forma activa na concesión e na xestión dos permisos relativos ás súas infraestruturas.

“É importante poñer en valor esta conexión a Internet para o municipio, o que representa para os veciños: mellora a calidade de vida, iguala os servizos nunha zona rural cos que reciben na cidade e axuda a fixar a poboación. ”, explicou o rexedor, “agradecido e satisfeito cos traballos de Adamo”.

A conexión máis veloz, en Cospeito

Cabe lembrar que a fibra óptica que ofrece Adamo é a máis rápida dispoñible hoxe no mercado (1.000 Mb). Así que máis dun milleiro de veciños de Cospeito beneficiaranse dunha tecnoloxía que axuda a fixar habitantes, como sinalou o alcalde. É dicir, que é unha ferramenta útil na loita contra o fenómeno do despoboamento, un mal que afecta a numerosos pobos de Galicia.

Deste xeito, grazas á fibra óptica, esas máis de 1.000 familias poderán realizar con plenas garantías actividades que son agora en grao sumo habitual: teletraballo, educación en liña, compras por Internet, citas médicas telemáticas, gozar de videoxogos, series e películas en remoto, etc.

0.19177603721619