Uns 37 persoas participaron no percorrido polo Río Requeixo dentro do programa Guitiriz en Ruta

TerraChaXa
A terceira saída da oitava edición do programa contou cun numeroso grupo de participantes
guitiriz-en-ruta-rio-requeixo
28 Apr 2026

O pasado domingo, 26 de abril, celebrouse a terceira saída da oitava edición do programa Guitiriz en Ruta, organizado polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello de Guitiriz.

Un total de 37 persoas participaron nesta actividade, entre elas catro nenos e nenas, gozando dunha excelente xornada primaveral que acompañou durante todo o percorrido. As condicións meteorolóxicas permitiron gozar ao máximo da ruta, na que os sendeiros e o río luciron especialmente fermosos coas cores propias desta estación.

Nesta ocasión realizouse a Ruta do Río Requeixo, un itinerario lineal de aproximadamente 13,5 quilómetros correspondente á ruta homologada PR-G 262. O percorrido iniciouse na Ponte de Roca e continuou ata a Ponte do Porto dos Bois, na parroquia do Buriz. Desde alí, os participantes seguiron cara O Forno, pasando polo castro das Quenllas do Forno, tamén situado no Buriz.

A ruta proseguiu por antigos camiños de comunicación ata chegar a Requeixo, aldea da parroquia dos Vilares que dá nome ao río, rematando finalmente no Merendeiro, na mesma parroquia.

O programa Guitiriz en Ruta continuará coa súa próxima saída o domingo 31 de maio, coa realización da etapa 4 do Camiño dos Faros, no tramo comprendido entre Laxe e Arou.

0.11580491065979