Uns mozos de Cospeito gañan o certame Xuventude Crea 2022 na especialidade de cociña

TerraChaXa
Na especialidade de Cociña do certame Xuventude Crea 2022, o primeiro premio recaeu no equipo formado por Andrea Maseda Prado e Miguel Morán,
ganadores xuventude crea cospeito cocina
31 Out 2022

O mercado  de abastos de Santiago acolleu a final da especialidade de Cociña do certame Xuventude Crea 2022, na que o primeiro premio recaeu no equipo formado por Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, naturais de Cospeito. Estes gañadores amosaron a súa destreza aos fogóns elaborando o prato Perlas de pistacho e chocolate branco, natillas de castaña e flocos de millo.

O segundo posto foi para Isabel Vivero Acción, da Coruña, que titulou ao seu prato Carolina. E en terceiro lugar quedou o equipo composto por Cristina Domínguez Queijo e Jorge Novo Rodríguez, tamén da Coruña, con Róbalo Mar e Terra. Ademais de recoñecer o bo facer na cociña das novas fornadas de chefs, a través deste concurso tamén se poñen en valor os produtos propios de Galicia, xa que a base dos pratos confeccionados foi a utilización de materia prima da nosa Comunidade.

Os gañadores recibirán unha gratificación de 3000 euros; 1500 a segunda clasificada e 1000 os dous finalistas que quedaron en terceira posición.

Máis de 4000 premiados

Desde que fai trece anos tivo lugar a primeira convocatoria do Xuventude Crea, xa son máis de 4000 os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos premiados e preto de 3000 os proxectos creativos e obras presentadas a este certame. Na edición deste ano 2022 participan un total de 350 artistas con 280 obras que, de novo, contarán con apoio por parte da Xunta de Galicia para dar a coñecer as súas creacións.  Compre destacar, ademais, que todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado: www.museoxuventudecrea.gal

As disciplinas que se premian nesta edición son: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura). Cómpre destacar, como novidade neste 2022, o cambio de nome de graffiti a arte urbana para dar cabida ás diferentes expresións neste ámbito, así como a inclusión da modalidade de música clásica dentro de música.

0.16885805130005