Usuarias do taller de coidados das Pontes fixeron unha recadación para a asociación Miradas que hablan

TerraChaXa
Conseguiron durante a celebración da IX Cita coa Historia 870 euros para a investigación da síndrome infantil MECP2
Taller-de-Coidados_Cita-coa-Historia
20 sep 2024

As usuarias do Taller de Coidados, posto en marcha no ano 2019 polo Concello das Pontes, recadaron esta fin de semana, durante a celebración da IX Cita coa Historia, 870 euros que irán destinados á asociación Miradas que hablan para a investigación da síndrome infantil MECP2 que se está a desenvolver no Hospital San Juan de Dios.

As usuarias deste programa, que ten como obxectivo contribuír ao empoderamento, mellora psicolóxica, recuperación emocional e participación das mulleres coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar non profesionais no municipio así como axudalas a descubrir, recuperar e potenciar as súas habilidades, destrezas e afeccións artísticas para, mellorar a calidade de vida das persoas participantes, participaron cun posto de venda de produtos téxtiles e de decoración elaborados por elas mesmas.

A recadación irá destinada á investigación da síndrome de duplicación de MECP2, unha enfermidade xenética minoritaria, da que existen aproximadamente 200 casos diagnosticados para a que non existe nin tratamento, nin cura.

Coa investigación que se está levando a cabo o que se pretende é coñecer ben ao mecp2, a súa relación con outros xenes e así poder combater os síntomas da enfermidade.

0.09964394569397