Vaise completar a rede de saneamento no núcleo de Galegos, en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Destinan 50.000 euros á segunda fase das obras de saneamento que se está a executar en Galegos, de Riotorto.
30 sep 2022

As obras en execución comprenden a canalización das tubaxes e a construción dun novo conxunto de depuración .

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 50.000 euros á segunda fase das obras de saneamento que se está a executar en Galegos, no municipio de Riotorto.

As obras, realizadas polo concello con financiamento de Augas de Galicia, consisten na construción dunha rede de colectores que canalizarán as augas residuais cara a un punto de vertido onde se situará o conxunto de depuración. Completarase así o servizo en todo o núcleo, atendendo aos inmobles situados cara ao sur da igrexa que quedaron fóra da primeira fase para non remitir todas as augas á mesma estación depuradora.

Os colectores discorren polas marxes de camiños e estradas e por fincas particulares debido á orografía do lugar e á dispersión das vivendas. A pendente do terreo fai  necesario executar pozos de resalto en puntos concretos para resolver satisfactoriamente o desnivel a salvar ata chegar ao punto de depuración. 

Este sistema de depuración estará composto por una fosa máis filtro compacta cunha cámara de decantación secundaria, fabricada en fibra. Na entrada á fosa colocarase unha arqueta de desbaste, e á saída un pozo de rexistro destinado á recollida de mostras.

A Xunta mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios, en especial aos de menor tamaño, para que estes poidan prestar de xeito máis eficaz os servizos básicos de  saneamento e abastecemento aos veciños e veciñas.

2.1149740219116