Valadouro aproba a moción da Plataforma Sanitaria que demanda un servizo de pediatría de calidade

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Xan 2019

No pleno ordinario do concello de Valadouro, a moción rexistrada dous días antes pola Plataforma Sanitaria foi tratada de urxencia e aprobada por unanimidade. Desde este colectivo queremos parabenizar a todos os grupos políticos que conforman a Corporación  por este solidario xesto para coas veciñas e veciños da Mariña.
A petición do tenente de alcalde, e coa conformidade da totalidade dos membros da Corporación, a moción foi defendida pola coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro , quen  desexa agradecer no nome do colectivo, a todos e cada un dos grupos políticos da Corporación Municipal do Valadouro  “a deferencia que tiveron con nós ao permitirnos defender a moción”.
Ao finalizar o pleno municipal o grupo de goberno quixo mercar unhas camisetas solidarias da Plataforma e mesmo accederon a fotografiarse con elas postas. Cada día que pasa  estas camisetas que fixemos pensando nas mobilizacións , para  que toda a Mariña  as luza unánime e masivamente reflectindo así o sentir dunha comarca,teñen máis aceptación”- comentan desde o colectivo sanitario.

0.10478186607361