Veciñanza de Aldixe denuncia a falta de reparación dun espello de tráfico en Os Verdes

TerraChaXa
As persoas residentes na zona aseguran que xa comunicaron a incidencia ao Concello hai meses
espello-roto-en-abadin
20 Feb 2026

O PSOE de Abadín vén de trasladar publicamente a súa preocupación polo estado dun espello de tráfico situado no lugar dos Verdes, na parroquia de Aldixe, nunha curva sen visibilidade que, segundo indican, permanece roto desde hai máis de medio ano sen que se teña procedido á súa reparación.

Tal e como sinalan dende o PSOE de Abadín, este elemento de seguridade viaria resulta fundamental en tramos estreitos ou con escasa visibilidade, xa que permite advertir da presenza de vehículos que circulan en sentido contrario. A súa deterioración, explican, elimina esta referencia visual e incrementa de maneira significativa o risco de colisións, especialmente nun punto considerado perigoso pola veciñanza.

As persoas residentes na zona aseguran que xa comunicaron a incidencia ao Concello hai meses, co obxectivo de que se adoptasen as medidas necesarias para garantir a seguridade do tráfico neste punto da vía, sen que ata o momento se teña levado a cabo ningunha actuación.

Neste contexto, instan novamente ao alcalde e ao equipo de goberno municipal a intervir de maneira urxente para proceder á reparación do espello, advertindo de que o seu estado actual supón un perigo tanto para condutores como para o conxunto da veciñanza que transita habitualmente por este tramo.

⚙ Configurar cookies
0.086911201477051