Veciños da Reigosa celebran o Día das Letras Galegas cunha festa o 18 de maio

TerraChaXa
Os actos terán lugar no centro sociocultural de Reigosa a partir das 16.30 horas
dia-das-letras-galegas-reigosa-portada
Cartel da celebración
15 May 2024

A asociación de veciños de Santiago de Reigosa celebrará o 18 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta.

Os actos terán lugar no centro sociocultural de Reigosa a partir das 16.30 horas, cando se fará un achegamento á figura da autora.

Ás 17.00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo As máis molonas de Pakolas, dirixido a público familiar.

Finalmente, ás 18.30 horas, terá lugar a merenda, que será gratuíta para os socios, mentres que o resto deberán pagar 5 euros. Rematarán a xornada coa actuación dun grupo de música tradicional e unha foliada aberta a partir das 19.30 horas.

dia-das-letras-galegas-reigosa
0.16312408447266