Veciños da Reigosa organizan unha viaxe a Cervo, San Cibrao e Ortigueira
TerraChaXa
Este dará comezo ás 9.00 horas con saída da casa sociocultural de Reigosa, edificio Mariña Folgueira
Cartel do evento
19 May 2024
A asociación de veciños de Santiago de Reigosa realizará o 25 de maio unha viaxe por Cervo, San Cibrao e Ortigueira.
Este dará comezo ás 9.00 horas con saída da casa sociocultural de Reigosa, edificio Mariña Folgueira. A viaxe ten un prezo de 50 euros para socios e de 60 para os non socios mentres que os nenos dos primeiros pagarán 10 euros e o resto 40.
O prezo da viaxe inclúe o autobús, xantar, tour con guía, entradas ao museo histórico de Sargadelos, fábrica e Museo do Mar de Cervo. Tamén inclúe o Banco de Loiba.
As persoas que desexen anotarse poden facelo no 658 264 473 ou 616 669 348, ademias do correo reigosa.asociacion@gmail.com