Veciños de Bexán mostran o seu malestar polo proxecto de monte veciñal en man común

TerraChaXa
Membros da Xefatura territorial da Consellería de Medio Rural visitaron a parroquia de Bexán para explicarlles aos veciños as peculiaridades e mecanismos para unirse nunha comunidade de montes e a clasificación dos terreos como Monte Veciñal en Man Común.
bosque monte man comun
10 Feb 2024

Membros da Xefatura territorial da Consellería de Medio Rural visitaron a parroquia de Bexán para explicarlles aos veciños as peculiaridades e mecanismos para unirse nunha comunidade de montes e a clasificación dos terreos como Monte Veciñal en Man Común.

Hai unha resolución de 2017 que especifica os pasos a seguir pero o proceso xera un conflito entre a veciñanza xa que a zonificación, aquelas parcelas que se verían que pasarían a ser monte veciñal en man común, es considera "anómala, dispersa e feita a dedo". Segundo se queixan os veciños, esta inclúe 5 zonas completamente separadas e, ademais, nunha das parcelas existe unha edificación que está habitada.

"Esta zonificación entraría en controversia con aquelas fincas que foron traballadas durante toda a vida por certos veciños, algúns pagaron dereitos de uso, investiron nelas e agora perden o uso da mesma se acaban pasando a ser monte veciñal", segundo explica o concelleiro socialista Daniel Irimia, que acudiu á reunión informativa dos veciños a petición dos mesmos.

O proxecto de monte veciñal en man común desta parroquia afecta a un total de 84,6 hectáreas, tal e como figura no proxecto, polo que existen moitos veciños afectados pola mesma. Estes quéixanse de que non foron informados coa suficiente premura sobre o proxecto e que hai que mirar a definición das fincas.

"Non lle fai favor ao rural entrar ao rural coa normativa sen atender ás particularidades de cada parroquia", engade Daniel Irimia.

0.17140698432922