Veciños de Sancovade farán unha ruta ás Fragas do Eume o día 10

TerraChaXa
A actividade, cun percorrido de 15 quilómetros, está catalogada cun nivel de dificultade fácil e terá unha duración aproximada de catro horas
ruta-fragas-do-eume-sancovade
4 May 2025

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza unha ruta de sendeirismo ás Fragas do Eume o vindeiro 10 de maio. A saída está prevista para as 8:00 da mañá desde a Capela de Guadalupe.

A actividade, cun percorrido de 15 quilómetros, está catalogada cun nivel de dificultade fácil e terá unha duración aproximada de catro horas.

A inscrición é gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar unha cota de 10 euros.

Para máis información ou para anotarse, pódese contactar con Almudena no 698 185 859 ou con Lucía no 651 478 916. Esta ruta representa unha excelente oportunidade para desfrutar da natureza e descubrir un dos espazos naturais máis fermosos de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.17523288726807