Veciños de Santa Comba da Órrea reúnense o venres para falar sobre o curso das obras na igrexa

TerraChaXa | AMariñaXa
alarase dos traballos realizados, do peche das contas e do estado no que está o templo
reunion-obras-igrexa-orrea
Cartel anunciador
23 may 2024

A veciñanza da parroquia de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, está convocada este venres, 24 de maio, á reunión sobre as obras da igrexa da localidade.

Na sesión, que terá lugar ás 18.00 horas na propia igrexa falarase dos traballos realizados, do peche das contas e do estado no que está a igrexa.

Asistirá á reunión o párroco, José Pascual. A reunión está convocada pola comisión responsable das obras, formada por Graciela de Campos e Mariluz do Fleire.