Veciños de Xermade e Guitiriz viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

TerraChaXa
Verán a representación de Terceiro Acto o domingo e previamente haberá tempo libre para gozar de Compostela
Terceiro-acto-plano-teatro
2 Out 2024

Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o domingo 6 de outubro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Terceiro Acto.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros.

Previamente ó teatro, haberá tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Xermade ás 15.30 horas da praza do Concello e ás 16.00 horas de Guitiriz e a función é ás 18.00. Regresarase ás 20:30 horas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 4 de outubro e esta debe facerse no teléfono 678 744 178.

0.15076017379761