Cinco parroquias vilalbesas recollen sinaturas por un "servizo de transporte digno"

TerraChaXa
Cando están a piques de cumprirse tres meses dende que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, implantase a última fase no seu novo Plan de Transporte, veciños e veciñas das parroquias de San Simón, Samarugo, Lanzós, Corbelle e Goiriz veñen de iniciar unha recollida de sinaturas para manifestar a súa desconformidade co mesmo.
Pista municipal de Vilalba.
3 Nov 2017

Cando están a piques de cumprirse tres meses dende que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, implantase a última fase no seu novo Plan de Transporte, veciños e veciñas das parroquias de San Simón, Samarugo, Lanzós, Corbelle e Goiriz veñen de iniciar unha recollida de sinaturas para manifestar a súa desconformidade co mesmo.

Protestan así pola supresión –con data de 8 de agosto- do servizo regular de transporte que unía ditas localidades coa vila de Vilalba, e solicitan ás autoridades competentes a busca de alternativas para recuperalo. Denuncian o illamento ao que se vén reducidos e reducidas, unha situación que afonda na crecente fenda entre o núcleo urbano e os do rural.

Nunha zona marcada pola dispersión da poboación e o seu envellecemento, a existencia dunha liña de transporte regular preséntase non só como un servizo de interese público, senón como unha urxente necesidade.

Unha situación levada a Pleno no Concello de Vilalba
As reivindicacións da veciñanza destas parroquias foi protagonista fai unhas semanas do debate no Pleno do Concello. A voceira do Grupo Socialista de Vilalba, Elba Veleiro, inquiriu o Grupo de Goberno sobre esta cuestión. A concelleira socialista subliñou no Pleno ordinario celebrado o día 2 de outubro de 2017 que a aprobación deste plan “non contou coa necesaria e previa participación das entidades sociais ou institucionais”. Ás preguntas da oposición, o Alcalde de Vilalba, D. Agustín Baamonde Díaz, confirmou que o Concello desestimara contestar a enquisa que lle remitira a Xunta para valorar os servizos de transporte na zona antes do seu posible recorte.

0.1858868598938