Vián e San Martín de Corbelle están de festas a fin de semana

TerraChaXa
As localidades de San Martín de Corbelle e Vián, na Pastoriza, celebrarán as súas festas patronais esta fin de semana.
festas san martin de corbelle pastoriza portada
festas san martin de corbelle pastoriza portada
30 Maio 2023

As localidades de San Martín de Corbelle e Vián, na Pastoriza, celebrarán as súas festas patronais esta fin de semana. No primeiro son na honra a San Antón e San Martiño e xa tiveron un avance o pasado sábado coa celebración da comida veciñal.

As festas iniciaranse o sábado 3 coa misa ás 13.30 horas e a sesión vermú a cargo de Costa Dorada, que tamén se ocupará da verbena baixo o título Tour 2023 pa'que lo bailes tu. Xunto a esta estará La Fórmula en concerto, co título Mellor espectáculo 2023.

O domingo haberá misa ás 14.00 horas, procesión e dobre sesión do grupo Fénix en vermú e verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e dispoñen de amplo aparcamento.

En Vián as festas son na honra á Santísima Trinidade e tamén se inciarán con misa solemne ás 13.30 horas e procesión. O grupo Fénix será o encargado da sesión vermú mentres que a verbena contará con dúas actuacións distintas ademais do Fénix, o grupo Beagtriz e Unión y Fuerza.

O domingo as festas rematarán coa sesión vermú que ofrecerá o dúo Venus trala misa, que será ás 14.00 horas.

festas san martin de corbelle pastoriza
0.19788789749146