Vián festexa á súa patroa a fin de semana

TerraChaXa
A verbena do sábado contará con Jaque e Cinema e o domingo actuará o dúo Dilema
festas-vian
Cartel das festas
29 May 2026

A parroquia de Vián, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Santísima Trinidade.

A celebración dará comezo o sábado  cunha misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión. A sesión vermú, de longa duración, estará a cargo do grupo Jaque e do DJ Pedro Brmundz. A verbena da noite contará tamén con Cinema xunto a Jaque.

O domingo continuará a celebración de novo cunha misa, nesta ocasión ás 14.00 horas, e de novo a orquestra Dilema porá o punto e final á celebración ao mediodía. Tamén actuará Carricantos de Mondoñedo.

0.1147289276123