A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á feira medieval de Monforte de Lemos e á bodega Regina Viarum, en Sober.">

Viaxe á Feira Medieval de Monforte e á bodega Regina Viarum da man de Augasantas

TerraChaXa | AMariñaXa

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á feira medieval de Monforte de Lemos e á bodega Regina Viarum, en Sober.

12 abr 2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á feira medieval de Monforte de Lemos e á bodega Regina Viarum, en Sober. Será o día 20 deste mes, sábado.

A actividade inclúe viaxe en autobús con saída desde Ribadeo e paradas nos lugares de costume, almorzo en ruta, visita ás instalacións de Regina Viarum con explicación do proceso e historia da bodega, cata de dous viños, comida con viños mencía e albariño; e pola tarde percorrido por Monforte de Lemos, onde se celebra a feira medieval. O prezo é de 40 euros por persoa.

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.