Viladonga celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Rosario

LugoXa | TerraChaXa
A organización habilitará un campo cuberto con carpa para o desenvolvemento das actividades, facilitando así a celebración das festas con independencia das condicións meteorolóxica
presentacion-festas-viladonga
2 Oct 2026

A parroquia de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, celebrará esta fin de semana, os días 3 e 4 de outubro, as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario, cun programa que combina actos relixiosos e varias actuacións musicais.

A Comisión de Festas, que coincide coa Comunidade de Montes en Man Común de Rodela e Touzón, presentou a programación xunto ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado Teijeiro. O presidente da comisión, Antonio Villamarín Rielo, participou no acto celebrado diante da igrexa de Viladonga. As festas contan coa colaboración do Concello de Castro de Rei.

As celebracións comezarán o sábado 3 de outubro, ás 13.30 horas, coa misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú coa orquestra Los Españoles. Pola noite terá lugar a verbena, que contará coas actuacións das orquestras Los Españoles e Olympus.

O domingo 4, a partir das 14.00 horas, celebrarase novamente a misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos.

A organización habilitará un campo cuberto con carpa para o desenvolvemento das actividades, facilitando así a celebración das festas con independencia das condicións meteorolóxicas.

0.16238212585449