Vilalba Aberta aposta por cambiar o sentido da circulación na rúa da Pravia

TerraChaXa
Vilalba Aberta fará un estudo técnico con vistas a mudar a dirección imposta na Rúa da Pravia pola súa contraria.
modesto renda rua da pravia direccion
modesto renda rua da pravia direccion
26 Maio 2023

O Candidato de Vilalba Aberta á Alcaldía, Modesto Renda, presentou a que será unha das súas principais apostas en materia de mobilidade urbana se goberna: A contratación dun estudo técnico con vistas a mudar a dirección imposta na Rúa da Pravia pola súa contraria.

Tal e como explicou, VA reuniuse cos técnicos da empresa privada contratada polo Concello e escoitounos, do mesmo xeito que escoitou ao longo dos últimos 3 anos aos veciños/as das parroquias, ao comercio, á hostalería, aos taxistas e aos axentes da Policía Local, entre outros veciños/as que dun xeito ou outro lles achegaron a súa visión e opinións. E en base a iso, estableceron un criterio claro que, como tal figura no seu Programa Electoral.

“Dixémolo e dirémolo, non ten lóxica que haxa 4 paralelas co mesmo sentido circulatorio, as parroquias máis habitadas están para a outra man, o groso dos visitantes e consumidores do noso comercio veñen dirección A8 e a todo iso engádese o condicionante do Camiño de Santiago. É un compromiso e farémolo efectivo se gobernamos” declarou.

“Queremos gobernar escoitando, non impoñendo, declarou Renda que anunciou tamén o seu compromiso de redactar “un regulamento de consultas/referendos veciñais” para accións que poidan supoñer un forte impacto a nivel urbanístico, ambiental ou social.

0.19100499153137