Vilalba Aberta decidirá cos veciños das parroquias as prioridades de investimento

TerraChaXa
Modesto Renda anunciou que a primeira medida que tomará como responsable de obras no rural será escoitar á veciñanza de cada parroquia.
reunions vecinos parroquias vilalba aberta
reunions vecinos parroquias vilalba aberta
11 jul 2023

Modesto Renda anunciou que a primeira medida que tomará como responsable de obras no rural será escoitar á veciñanza de cada parroquia para que decidan eles as súas prioridades.

“O meu xeito de traballar no rural será reunirme coa veciñanza “parroquia a parroquia”, expoñer o diñeiro co que se conta no Concello e que sexan os veciños/as os decidan as prioridades”. Así resumiu o vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, a súa primeira medida como responsable de obras no rural.

Unha iniciativa pioneira que, tal e como explicou, “camiñará paralela á da continuada execución das obras comprometidas”. Así, lembrou, o proceso de escoita suporá o cumprimento dunha das medidas que con máis forza defendeu na pasada campaña electoral: “Queremos gobernar escoitando e o meu obxectivo como responsable de infraestruturas rurais será facer xustiza en materia de investimentos coas parroquias”.

A primeira das xuntanzas terá lugar hoxe martes, na parroquia de Nete (21:15h) e a esta seguiralle outra o vindeiro venres á mesma hora na parroquia de Distriz.