Vilalba Aberta denuncia en Ladra o estado da pista da Fraga Vella

TerraChaXa
Vilalba Aberta , Logo dunha visita a Ladra, comprometeuse coa veciñanza da parroquia ó arranxo pista da Fraga Vella.
ESTADO PISTA LADRA
ESTADO PISTA LADRA
27 abr 2023

Vilalba Aberta , logo dunha visita a Ladra, o candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, comprometeuse coa veciñanza da parroquia ó arranxo pista da Fraga Vella.

Un vial de titularidade municipal, polo que día a día pasan dende o transporte escolar aos gandeiros/as da SAT e que, tal e como explicou Renda, da actualmente acceso directo a varias vivendas situadas no barrio do mesmo nome.
“Dende hai varios anos os veciños/as da zona veñen reclamando do Concello que se actúe nesta pista” mais - censurou - “ninguén os está a escoitar”

Á zona desprazáronse tamén varios veciños/as aos que Renda agradeceu a confianza e cos que se comprometeu de cara a vindeira lexislatura.