Vilalba Aberta inicia a campaña cunha festa vermú na praza da Constitución

TerraChaXa
A Praza da Constitución acollerá este sábado, a partires das 12:00h, a festa de inicio de campaña electoral de Vilalba Aberta.
LEMA VILALBA ABERTA A TUA VOZ
LEMA VILALBA ABERTA A TUA VOZ
10 may 2023

A Praza da Constitución acollerá este sábado, a partires das 12:00h, a festa de inicio de campaña electoral de Vilalba Aberta. A formación espera reunir ao máximo número de veciños/as nun acto aberto e festivo que, baixo o formato de festa/mitin, suporá a posta de largo do conxunto da súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais.

“Haberá música ao vivo, comida, bebida e micro aberto á participación da veciñanza” explicou a responsable de organización e nº4 da formación de cara ao 28M, Mónica González.

Presentada pola veterinaria e membro da candidatura, Susana Pérez, na parte política tomará a palabra a propia González e os candidatos Ana Paredes, Carlos Currás, Tamara Rodríguez e Mª Xosé Fernández. O acto rematará coa intervención do Candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda.