Vilalba Aberta reúnese con entidades deportivas
Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións. Así, a formación reuniuse este luns con representantes de varias entidades deportivas do Concello co obxectivo recoller as súas demandas e contrastar varios puntos do seu Programa.
A xuntanza, que se celebrou na nova sede de Vilalba Aberta, permitiulle ao seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, explicar a aposta de VA pola posta en marcha dun Consello Municipal do Deporte como órgano de comunicación cos clubs e o asociacionismo deportivo vilalbés.
A redefinición da actual política de subvencións ou o proxecto de Carril Bici que Vilalba Aberta ten proxectado impulsar co fin de conectar o centro co polígono e a Madalena, puxéronse así mesmo sobre a mesa nunha reunión que a formación agarda repetir como goberno logo do 28M.